Ponencia titulada “¿Es un líder? Se queres, ¡SÍ!”, unha actividade dirixida ó desenvolvemento de actitudes para o liderazgo, e incremento das posibilidades de contratación, a cargo do especialista en comunicación Javier Cebreiros. Os obxectivos da mesma son mellorar a capacidade de liderazgo para incrementar as posibilidades de contratación, orientar para motivar na acción ós asistentes, facilitar a comprensión de tres conceptos clave para o mercado laboral en relación ás nosas habilidades sociais e concienciar ós asistentes do liderazgo que teñen no seu interior.
Esta charla vai especialmente enfocada cara a estudantes e desempregados con idades entre os 18 e os 30 anos, aínda que tamén dirixida a tódolos públicos, co fin de mellorar a capacidade de liderazgo. Será o vindeiro 5 de marzo, dende as 19:00 ata as 20:00 horas e realizarase nas instalacións da Axencia de Colocación do Concello de Mos.
Sobre Javier Cebreiros:
http://www.huffingtonpost.es/javier-cebreiros/
https://es.linkedin.com/in/cebreiros
Libros seus:
http://www.casadellibro.com/libros-ebooks/javier-cebreiros/20081973
0 comentarios:
Publicar un comentario